O Concello e os veciños do barrio Leste poñen en marcha una nova horta urbana

79

O Concello de Pontevedra colabora cos veciños do barrio Leste da cidade nunha nova iniciativa no marco do departamento de Parques e Xardíns. Trátase dunha horta urbana que pretende achegar á poboación os ciclos dos vexetais comúns, a producción de alimentos e plantas ornamentais dun xeito san e ecolóxico, e mellorar o aspecto ambiental e paisaxístico da cidade.
A presentación pública desta horta urbana será esta tarde, a un acto ao que asistirá a concelleira de Parques e Xardíns, Anxos Riveiro. Será ás 17.00 horas no centro social Pontevedra Leste. Esta tarde está previsto:
• 17.00 horas. Plantación da planta entregada na campaña promocional.
• 17.30 horas. Comezo do concerto de Rodrigo Valiente (veciño do bbarrio)
• 18.00 horas. Presentación do proxecto a cargo de Anxos Riveiro, coa presentación do monitor e do grupo dinamizador.
• 18.30-20.30 horas. Xornada de dinamización. Plantación e sementeira de cultivos propios da época.
• 20.30 horas. Invitación dos veciños a unha cunca de caldo con verduras no Centro social Pontevedra Leste.
Co nome de Horta do leste pretendese un achegamento á veciñanza do barrio para familiarizarse cos cultivos no seu entorno máis cercano, a través de metodoloxías que utilicen utensilios e soportes reciclados, e propicien as relacións de colaboración veciñal e, incluso, interxeracional.
Este proxecto arrancou o pasado 4 de outubro cando se convocou aos veciños para explicar os procesos de plantación, mantemento e colleita das plantacións realizadas, formando parte nas actividades dinamizadoras e formativas que se propoñen no programa, e ás que se poden adherir todos os veciños da zona.
A segunda xornada de dinamización será o vindeiro 15 de novembro onde se abordará o manexo de plantas medicinais, aromáticas e pequenos froitos; principais especies, adaptacións para cultivos en balcóns; pequenos froitos do monte; elaboración de mermeladas e cofeitos
O 13 de decembro será a última xornada de dinamización. Ás 18.00 horas está previsto a colleita e facer un reparto de material hortícola.