O Consello de Marcón fai seguemento dos 250.000 euros que se invisten na parroquia

65

O Consello Parroquial de Marcón fixo balance onte dos investimentos que o Concello está a facer na parroquia que se achegan aos 250.000 euros. A reforma da contorna do campo de fútbol, a reparación do camiño da Peralba e a próxima mellora do Camiño da Ría de arriba, foron algúns dos temas tratados no Consello parroquial ao que tamén asistiu á concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces para abordar diferentes asuntos da parroquia e a súa concellaría.
O Consello parroquial fixo un seguemento das obras de reforma da contorna do campo de fútbol ao habilitar e mellorar os espazos de estacionamento e mellorar toda a circulación interna de vehículos e peóns. Este proxecto ten un investimento de máis de 100.000 euros.
Tamén se fixo un seguemento das obras de reposición do firme do camiño da Peralba, que se comezou a executar esta semana; e informouse da próxima contratación da mellora do camiño da Ría de arriba.
No Consello parroquial se chegou a un acordo coa Comunidade de montes para pór en valor un souto recuperado e plantado pola comunidade nos anos noventa, e situado no lugar da Peralba.