O galego tamén noutros mundos chega ao CIFP Carlos Oroza

68

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer de balde exposicións que teñen como fin promover a normalización da lingua galega mediante o coñecemento e a reflexión sobre distintos aspectos da nosa realidade e de persoeiros senlleiros para a historia da lingua galega.
A exposición O galego tamén noutros mundos é unha delas e poderá visitarse no CIFP Carlos Oroza do 16  ao 24 de outubro.
Esta mostra consta de trece paneis nos que se trata a dimensión aberta e internacional da lingua galega, contribuíndo á valorización social da lingua e rompendo prexuízos sobre o seu prestixio e utilidade; esta idea transmítese mediante 11 paneis:
➢ Panel 1: portada
➢ Panel 2: introdución
➢ Panel 3: O galego, a lingua dun reino
➢ Panel 4: Unha lingua internacional
➢ Panel 5: Unha estadounidense, poeta en galego?
➢ Panel 6: Unha lingua emigrante e exiliada
➢ Panel 7: O mundo en galego
➢ Panel 8: Conectados/as á rede
➢ Panel 9: Galician sounds
➢ Panel 10: Podo estudar galego en Budapest?
➢ Panel 11: A nosa lingua unha marca de calidade
➢ Panel 12: Falantes orgullosos/as
➢ Panel 13: O galego tamén no meu mundo

As exposicións da Concellaría de Normalización Lingüística, están á disposición de calquera colectivo que as solicite: centros educativos, asociacións e outras entidades interesadas na dinamización e promoción do uso do idioma galego.

Máis información no:
Concello de Pontevedra
Servizo de Normalización Lingüística

Rúa dos Churruchaos, 2
 Telf. 986 836 157