Ampla oferta de actividades astronómicas na programación de outono de Medio Ambiente

55

Dentro da programación de outono da Concellaría de Parques e Xardíns destaca a oferta de actividades pensada para coñecer mellor o ceo e os seus fenómenos. Son as actividades astronómicas que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro no Centro social do Gorgullón e no Observatorio de Cotobade.
Ofertarase un curso de iniciación á astronomía, distintos obradoiros (incluso un infantil) e observacións directas do ceo.
As actividades programadas no Observatorio de Cotobade comezarán o 9 de novembro, a partir das 19.00 horas cun curso de astronomía e a continuación observatorio do ceo.
O día 30 de novembro, ás 22.30 horas, está previsto o observatorio do ceo de inverno.
Tamén nesta instalación ofertarase un curso de iniciación á astronomía o día 13 de decembro ás 19.00 horas, para a continuación observar o ceo.
O día 28 de decembro, ás 21.00 horas está previsto o avistamento de cometas. Este ano ven marcado co paso de dous cometas, o Panstarrs e o Ison. Igual que se realizou ao paso do Panstarrs, en inverno acompañaremos ao Ison coas seguintes actividades: unha charla sobre os cometas e unha observación guiada do mesmo.
As actividades no Centro social de Gorgullón comezarán co curso de astronomía, do 5 a 7 e novembro de 19 a 21 horas. Par ao 9 de decembro, de 19 a 21 horas está previsto un obradoiro de construcción de reloxos de sol; o 11 de decembro, de 19 a 21 horas, un obradoiro de montaxe e uso de telescopios; e o 23 de decembro un obradoiro de galaxias para nenos de 11 a 13 horas.
O día 27 de decembro darase unha charla sobre o cometa Ison, de 20 a 21 horas, no Centro social do Gorgullón.
Para todas as actividades é necesario a inscrición previa, e nos desplazamentos ao observatorio de Cotobade non está incluído o transporte.