“Flores, ramiñas e follas”. Exposición de Mercedes Paz Muñoz

70

Lugar: Liceo Casino. Rúa Manuel Quiroga, 21.

Horario: de 09 a 22:30 h.

Entrada libre e gratuíta.

Mercedes Paz Muñoz debulla a súa arte nunha paisaxe de flores silandeiras para amosarnos así un contacto íntimo coa natureza en estado puro, coa identidade que perdura a través dos sentidos. Ela sabe transmitir e faino coa tenrura que a caracteriza, mostrándonos distintos paraisos florais.

Tece minuciosamente, sobre fondos cheos de cor, un universo fermosísimo. O resultado é o espello de si mesma.