Anelamento de aves, este sábado, na Xunqueira de Alba

71

A Concellaría de Parques organiza este sábado unha nova actividade dentro do programa Sinte Pontevedra, no outono de 2013. Trátase dun anelamento de aves na Xunqueira de Alba, que comezará ás 09.30 horas dende a nave da Deputación.
É unha actividade teórico-práctica sobre o anelamento científico de aves silvestres, a relación das aves co medio no que viven e diferentes tipos de hábitats no Enil Xunqueira de Alba, en Pontevedra.
Durante esta actividade poden ver como se realiza un anelamento cienfícico de aves silvestres, dende os métodos de captura até a toma de datos e posterior posta en liberdade.
Son 25 prazas e as persoas que desexen participar poden chamar ao teléfono 986 80 43 00 ext. 7584