Asfaltados de varias vías rurais e urbanas a cargo da empresa que executa o TAV

78

A empresa que executa as obras do Tren de Alta Velocidade ao seu paso polo concello de Pontevedra informou hoxe ao Concello de distintos asfaltados que realizará en camiños e viais municipais para mellorar o seu firme. Son viais utilizados con frecuencia para o transporte das obras do TAV, polo que de común acordo co Concello acordouse o seu asfaltado na próxima semana.
As obras serán as seguintes:
➢ Luns e martes, 21 e 22 de outubro, aglomerado de Pontecabras a Igrexa de Alba e Pontecabras á N-550.
➢ De martes, 22 de outubro a xoves, 24 de outubro, aglomerado Camiño da Ferreria (dende a N-550 até o Camiño de Santiago.
➢ Martes, 22 de outubro. Aglomerado da rúa Holanda.
➢ Sábado, 26 de outubro. Aglomerado da PO-225 (estrada de Vilagarcía) ao cemiterio de Alba.

Estas obras están dentro do acordo acadado a pasada semana polo secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño co concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, sobre a reparación de todos os desperfectos que as obras do TAV están a acusar no municipio.