CAMBIOS NA MOBILIDADE NO ACCESO Á PONTE DA BARCA

71

A obras que a empresa pública Acuaes iniciará o vindeiro martes, 22 de outubro, entre a rotonda da Ponte da Barca e o Pazo Ferreirós, no lindante concello de Poio, obriga á Policía Local de Pontevedra a elaborar un dispositivo especial de tráfico para evitar que estas obras, que teñen unha duración prevista duns dous meses, repercutan o menos posible na mobilidade da capital.

Ao tratarse do mesmo entramado urbano –a pesares de estar en dous concellos distintos-, o Goberno Local atendendo as recomendacións da Policía Local, e cun claro ánimo de colaboración co concello de Poio, acordou reducir a afluencia de tráfico cara o concello veciño, tratando que a maior parte dos tráficos se canalicen para a ponte das Correntes.

Por este motivo, o martes, 22 de outubro, a partir das 09.30 horas pecharase o tráfico de saída da cidade cara o Concello de Poio pola ponte da Barca. Este peche, ademais de evitar a sobre carga no punto de inicio da obra, tamén pretende evitar un máis que probable colapso de tráfico na cidade seguindo a trama de saída Eduardo Pondal-Praza de Galicia- Agusto García Sánchez- Alameda-Echegaray.

Seguindo a obra, manterase o sentido de entrada á cidade pola ponte da Barca e Paseo Colón.

A Policía Local recomenda aos conductores que desexen saír da cidade cara Poio ou o Salnés que o fagan a través da ponte das Correntes, ou ben a AP-9 con saída norte (na rotonda de bombeiros), e as estradas de Santiago, Ourense ou Vilagarcía.

CAMBIOS NA MOBILIDADE

• Alfonso XIII se pecha o tráfico, só se permite o acceso a garaxes e residentes dende a rúa Echegaray. A parada de bus escolar trasládase a rúa da Barca.
• A parada de bus da rúa Echegaray trasládase cara a avenida das Corbaceiras.
• A parada de bus turístico da rúa Alameda anúlase. Quedan só habilitadas as dúas da rúa San Roque.
• As rúas Alameda, Xeneral Martitegui, Echegarai, Xofre de Tenorio e A Barca resérvanse para mobilidade de residentes e servizos.


A Policía Local advirte que nos primeiros días, e especialmente o martes día 22,  prevense complicacións de tráfico polo cambio de direccións, especialmente polo descoñecemento dos usuarios das novas medidas de tráfico.

A Policía Local de Pontevedra recomenda, na medida das posibilidades e de non ser imprescindible, evitar circular polas rúas citadas, especialmente no eixo Augusto García Sánchez- Raíña Vitoria – Alameda.

Co fin de ter informados aos usuarios, nestes días colocarase sinalización informativa dos cambios de mobilidade, así como a nova sinalización de tráfico.
 

Ver documento PDF