O tempo obriga a instalar unha carpa para colocar o lastro en Benito Corbal

52

Debido ás dificultades para iniciar a colocación do lastro nas obras de peonalización de Benito Corbal debido ao mal tempo, e tendo en conta a previsión de chuvia para a semana que vén, a empresa e os técnicos municipais acordaron instalar unha carpa para cubrir a zona dos traballos e poder avanzar na execución das obras.
Ao longo desta semana seguiuse traballando coa instalación de canalizacións de pluviais, mais os traballos de colocación de lastro víronse ralentizados polo mal tempo.
Con esta solución que estará operativa o vindeiro luns, continuarase co ritmo previsto para poder cumprir o compromiso de rematar os traballos a comezos de decembro.