Unha camiseta para Redeaxuda no Ciudad de Pontevedra

43

A Concellaría de Benestar Social Municipal e o equipo de fútbol Ciudad de Pontevedra presentaron esta mañá a camiseta que o club cede a Redeaxuda, que dende hoxe estará entre os esponsors do clube, aínda que Redeaxuda non achegará cartos.

Dende a dirección do equipo, explicouse que a iniciativa é patrocinar cada unha das camisetas dos xogadores, "pero creemos que Redeaxuda é máis importante que o que nos pode supoñer 50 euros, máis ou menos".

Carmen Fouces, concelleira de Benestar, explicou que o clube Ciudad de Pontevedra tamén dispón dun equipo feminino, o único da cidade xunto ao de Salcedo, polo que a Concellaría de Muller entregará "unha pequena achega para o mantemento deste clube".