XII Memorial Filgueira Valverde. Novas achegas ao coñecemento da Prehistoria de Galicia

54

Lugar: Salón de actos do Sexto Edificio. Museo de Pontevedra

Hora: 20 h.

Datas: 5, 6 e 7 de novembro

A inauguración, o pasado mes de agosto, da colección permanente do rehabilitado Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra permitiu dar a coñecer ao gran público, máis alá, pois, dos círculos de especialistas, un conxunto excepcional de obras e materiais arqueolóxicos exhumados, uns, hai décadas ou incluso séculos, outros en datas moi recentes, procedentes de xacementos aínda en curso de escavación e estudo. O interese que todos eles e fundamentalmente os máis antigos suscitan, explica o ámbito esencial de referencia deste Memorial

5 de novembro > “O máis antigo poboamento de Galicia medio século despois das Gándaras de Budiño: crónica dun presente e un futuro prometedor”, conferencia a cargo de Eduardo Méndez Quintas (Instituto de Estudos Miñoranos).

6 de novembro > “Cova Eirós: os primeiros artistas de Galicia”, conferencia a cargo de Ramón Fábregas Valcarce (Universidade de Santiago de Compostela).

7 de novembro > "Arte na época neolítica. Expre-sións en espazos funerarios", conferencia a cargo de Fernando Carrera Ramírez (Escola Superior de Conservación e Restauracións de Bens Culturais de Galicia).