“A hora do Conto. Para comer e calar”

63

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: de 12 a 13:30 h.

Cota de inscrición: 40 euros en total polas 20 sesións nun único pagamento.

Comezo das actividades: 26 de outubro.

Duración: 20 sesións de outubro de 2013 ata maio de 2014.

“A hora do Conto” é proxecto de animación á lectura do Concello de Pontevedra para nenos e nenas a partir dos 4 anos.

Pavís Pavós son os encargados de transmitirlles aos nenos e nenas o gusto polos libros.

Xogando co tema do próximo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, “Para comer calar” será o eixo das sesións de contacontos que terá como narradores a Tereixa Alonso, Xacobe Rodríguez e outros colaboradores.

Inscricións: A matrícula realizarase por orde de inscrición ata esgotar as prazas. Deberá formalizarse en persoa a partir do 16 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra de 08.00 a 14:00 h.

Teléfono de información: 986 833 061.