Lugar: Centro Social Novacaixagalicia.
Hora: 21 h.
Prezo: dende 5 €. Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com
Alfonso Vallejo crea en “Gaivotas subterráneas” unha inquedante atmosfera ao redor da relación de dous vellos amigos, que nos permitirá gozar dun duro combate entre dous dos nosos mellores actores, Luis Iglesia B. e Xabier Deive. Unha produción de RTA, Talía Teatro e Voz Audiovisual.
Nino Carpio traballa nunha empresa de seguros; busca a Mario, músico e amigo da infancia, ao que convence para que lle axude a conseguir unha importante suma de diñeiro do seu seguro de vida. Nino atopou a un home coas súas características físicas ao que, unha vez morto, desenterran e visten con roupas e obxectos do propio Nino. A súa muller Lena poderá cobrar así os cartos do seguro, dos que Nino gozará con outra identidade.