“¿Qué hay de nuevo?”, con Leo Harlem e Dani de la Cámara

60

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 21 h.

Prezo: dende 15 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

Leo Harlem e Dani de la Camara, dous dos mellores monologuistas deste país unen as súas forzas e volven xuntos a Galicia, para presentar o seu novo espectáculo e repetir o éxito irresistible da pasada entrega.

Noventa minutos de gargalladas continuas nun paseo polo lado máis cómico da vida cotiá. Que hai de novo? chega convertido no espectáculo teatral máis divertido do momento.

Dani de la Camara, un dos cómicos de maior garantía, convértese na "parella de baile" da auténtica estrela actual do humor, Leo Harlem. Unha hora e media difícil de esquecer e na que o público rematará exhausto de tanto rir.