Rota “Pontevedra en rochas”

75

Saída ás 17 h. da Praza de España (diante do edificio do Concello)

Terceira edición da rota “Pontevedra en rochas”. A riqueza dos monumentos da cidade de Pontevedra esconde unha interesante mostra de natureza petrolóxica. Aos materiais autóctonos utilizados para a construción dos edificios tradicionais máis emblemáticos sumáronse outros de máis recente adquisición. Esta rota, permitiranos ver con outros ollos a paisaxe urbana pontevedresa. Redescubriremos a cidade a través das súas rochas.

Itinerario: Praza de España – Praza do Teucro – Parque Rosalía de Castro – Praza de San Xosé. Interese litolóxico, mineralóxico e arquitectónico. Grao de dificultade: baixo. Duración: 2 h. aproximadamente Inscripción previa na oficina de Medio Natural do Concello de Pontevedra, teléfono 986 100 185 ext. 7584.

Rota organizada por Olho de Sapo Geocultural Services en colaboración coa oficina de Medio Ambiente Natural do Concello de Pontevedra. +info. no teléfono 609 792 258 e en olhodesapo@olhodesapo.com