Taller de aleman

46

Lugar: Local da Asociación Cultural Revira. Rúa Gonzalo Gallas, 4.

Horario: mércores e venres, de 17 a 18 h.

As Asociacións Culturais Revira e Almuinha organizan durante o mes de novembro un taller de alemán para crianzas co título “Xogando cas crianzas en alemán”. O obxetivo desta actividade é dar a coñecer o idioma alemán desde o galego dunha maneira lúdica e informal a través da canción e do xogo.

Esta virá a desenvolverse todos os mércores e venres de 17 a 18 h. no local social da Asociación Cultural Revira, na rúa Gonzalo Gallas nº 4, e será impartido por unha monitora de tempo libre titulada en alemán pola Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Traballarase cun grupo dun máximo de 10 nen@s mas adiantase que se a demanda fose superior abrirase o mes de decembro para darlle continuidade.

A idade recomendada para participar é de 5 anos e o prezo será de 25 € por alumno ao més. Inscricións no correo centrosocial@revira.org ou en a.c.almuinha@gmail.com