Un novo vehículo para controlar o estacionamento na cidade

34

A Concellaría de Mobilidade que xestiona César Mosquera presentou hoxe o novo dispositivo do que disporá a Policía Local para controlar o estacionamento na cidade coa mellor obxectividade. Trátase dun vehículo que disporá unha cámara na súa parte superior e que ten un custe duns 53.000 euros.

César Mosquera explicou que o vehículo situará por GPS onde está cada coche, para saber que cumpre as  medidas de estacionamento fixadas en cada zona, especialmente nos espazos de servizos que poden ser empregados por todos os cidadáns (non só carga e descarga) durante un máximo de 15 minutos.

César Mosquera indicou que "a esperanza do Goberno Local é que con estas medidas continúe baixando o número de infraccións, dado que a Policía Local tramitou 16.000 multas o pasado ano, arredor de 42 multas por ano, das cales 18 eran de residentes en Pontevedra".

O Goberno Local pretende pór en marcha o servizo a final de ano.