“Outubrofest 2014″

72

VI edición da adaptación galega da “Oktoberfest” de Baviera, a “Outubrofest” pontevedresa, organizada polo Pontevedra Rugby Club.

A carpa instalada na Praza do Teucro permanecerá aberta ao público ata o domingo 2 de novembro, dende ás 12 h. do mediodía ata pasada a medianoite. Unha festa familiar e comunitaria, onde os asistentes poderán degustar distintos tipos de cervexa e outros productos gastronómicos a prezos populares.

A novidade deste ano será o Premio “Tresmetros” que será entregado a unha entidade deportiva que destaque no traballo desinteresado en categorías de formación. O premio consiste nunha salchicha no seu pan de tres metros de lonxitude, que lle será entregado os xogadores e xogadoras do clube premiado.

+info. en www.outubrofest.pontevedrarugby.com