“Ultimato á Terra”

59

Lugar: Casa das Campás. Rúa Don Filiberto, 9-11.

Hora: 19 h.

Proxección do filme “Ultimato á Terra” (The Day the Earth Stood Still, 1951), dentro do ciclo de cimema “Outros mundos”, coordinado por Suso Novás.

Unha nave extraterrestre chega á terra coa misión de entregar aos homes unha importante mensaxe. O mundo enteiro queda conmocionado o día en que, sen previo aviso, un prato aterra en Washington e del sae Klaatu, un alieníxena de aspecto humano acompañado de Gort, un ameazante robot. A petición que Klaatu fai a todos os gobernantes do mundo é rexeitada. Así as cousas, Klaatu decide observar como viven os humanos e, para iso, hospédase na casa dun rapaz, co que Klaatu inicia unha amizade.

+info. en www.casadascampas.uvigo.es