“Zombies Party: unha noite de morte”

67

Lugar: Casa das Campás. Rúa Don Filiberto, 9-11

Hora: 19 h.

Proxección do filme “Zombies Party: unha noite de morte” (Shaun of the Dead, 2004), dentro do ciclo de cimema “Outros mundos”, coordinado por Suso Novás.

Unha comedia romántica… con zombies. Shaun (Simon Pegg) pasa a vida na taberna local, “The Winchester”, co seu íntimo amigo Ed (Nick Frost), discute coa súa nai e descoida a súa noiva, Liz (Kate Ashfield). Cando Liz o deixa plantado, Shaun decide, finalmente, poñer a súa vida en orde, ten que reconquistar o corazón da súa noiva, mellorar as relacións coa súa nai e enfrontarse ás responsabilidades dun adulto. Pero, por desgracia, os mortos están a volver á vida, e tratan de devorar os vivos…

+info. en www.casadascampas.uvigo.es