Lugar: Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra. Rúa Alfonso XIII, 3.
Hora: de 18 a 19:15 h.
Obradoiro creativo “Arte nos libros! Con Velázquez”, a cargo de Crearte Servizos Culturais, destinado a nen@s de 5 a 10 anos (20 prazas).
Imaxes proxectadas, lecturas e pequenas actividades conforman a dinámica destes obradoiros nos que os rapaces interpretan imaxes artísticas, estimulan a creatividade, e establecen conexión entre as artes visuais, a literatura, a historia e mesmo as matemáticas. Paixón pola arte e os libros!.
Con inscripción previa a partir do 4 de novembro, chamando ao teléfono 986 85 08 38 en biblio.publica.pontevedra@xunta.es ou de 9 a 14 h. na 3ª planta da biblioteca. Entrada de balde.