Premios AJE 2013

76

Lugar: Liceo Casino. Rúa Manuel Quiroga, 21.

Hora: 20 h.

Entrega dos premios ao mellor empresario novo e ao mellor emprendedor novo, outorgados pola “Asociación de Jóvenes Empresarios” (AJE), co patrocinio do Concello de Pontevedra.

O premio “Empresario Novo do ano 2013" está dotado con 3.000 € en formación na Escola de Negocios de NovaGalicia Banco e un iPad. O premio “Emprendedor Novo de 2013" ten unha dotación dun aloxamento gratuíto durante un ano nun viveiro do Consorcio da Zona Franca de Vigo e 1.000 € en formación na Escola de Negocios. Haberá tamén dous accesit para recoñecer a innovación e a creación de emprego.