PROCEDEMENTO DE EXPROPIACIÓN FORZOSA POR TAXACIÓN CONXUNTA DOS BENS E DEREITOS A EXPROPIAR COMO CONSECUENCIA DA EXECUCIÓN DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO VIAL DA “REDE ARTERIAL, NOVO ACCESO SUR N-550”, DESDOBRAMENTO DA AVDA. DE VIGO EN DESENVOLVEMENTO DO PXOU E DO “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE PONTEVEDRA E O MINISTERIO DE FOMENTO PARA A RACIONALIZACIÓN E MELLORA DA REDE DE ESTRADAS DO ESTADO NO MUNICIPIO DE PONTEVEDRA” DE 24/04/2009 E ADDENDA MODIFICATIVA ASINADA O 23/11/2012: APROBACIÓN DEFINITIVA.

57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 23.10.2013 adoptou o seguinte acordo:

 

PRIMEIRO.- Desestimar as alegacións formuladas por don Ricardo Garrido Ínsua e/r de don Cándido Garrido Dios, por dona Araceli Dios Torres, por dona María del Pilar García Alonso e por dona Mercedes Areses Trapote -esta última actuando no seu propio nome e en pro das comunidades hereditarias de don Rafael e dona Rosario Areses Pérez-, no período de información pública do presente expediente de expropiación forzosa, mediante o procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos terreos afectos ao viario proxectado, denominado “Rede Arterial, novo acceso Sur N-550”, para o desdobramento da Avenida de Vigo, con base ao informe emitido polo enxeñeiro de camiños, canles e portos don Santiago López Fontán o 17/10/2013 conformado pola arquitecta municipal adscrita á oficina técnica de arquitectura en informe de data 18/10/2013, que se incorporan ao texto do presente e lle serven de motivación consonte ao disposto no artigo 89.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e polas demais motivacións expresadas no fundamento xurídico XI e no resto do expositivo deste acordo. Estimar parcialmente, con base aos mesmos informes e motivacións, as formuladas por don José Luís, don Gonzalo, don Eloy e don Rafael García Alonso, ampliando a expropiación do resto do predio nº 15 contra o río Gafos, sen prexuízo de adaptar a superficie afecta da parcela segundo a xustificación dos informes referidos, consonte á realidade parcelaria que se desprende da investigación realizada e constancia de expediente expropiatorio anterior para a Estación de Autobuses e, estimar tamén parcialmente, a formulada por don Alfonso Guillán Casas, con incorporación do pozo existente aceptando a valoración achegada, sen prexuízo da desestimación dos restantes pedimentos da alegación e do axuste da afección a expropiar ao abeiro do indicado nos devanditos informes técnicos.

 

SEGUNDO.- Aprobar definitivamente os expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta dos terreos afectos ao “Proxecto de expropiación por taxación dos terreos afectos ao proxecto de urbanización da rede arterial, novo acceso Sur N- 550” para desdobramento da Avenida de Vigo, documento refundido datado en outubro do 2013, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos don Santiago López Fontán, que contén a valoración do solo expropiado e inclúe as follas de xusto prezo individualizadas, supervisadas e conformadas pola Arquitecta Municipal da Oficina Técnica de Arquitectura, no que se introducen as modificacións nas superficies de afección, subsecuentes á constatación derivada do proceso de información pública de que parte dos terreos correspondentes aos predios nº 15, 16, 17, 18, 19 e 20 xa foran obxecto de expropiación municipal nos anos 1977, para a construción da Estación de Autobuses.

A presente expropiación ten por finalidade proceder, en desenvolvemento do PXOU vixente, á execución do proxecto de urbanización do referido vial, aprobado definitivamente por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión do 11/03/2013, e dar cumprimento aos compromisos adquiridos no convenio de colaboración co Ministerio de Fomento para a racionalización e a mellora da rede de estradas do Estado no municipio de Pontevedra, asinado o 24/04/2009 e modificado pola addenda asinada o 23/11/2012.

Afecta a unha superficie total de 17.281 m2, abrangue 23 predios de propiedade particular pertencentes a diversos propietarios e inclúe unha ocupación temporal por necesidade da obra doutros 1.021 m2, que será revertida ao final da obra aos seus lexítimos propietarios. Dentro destas superficies inclúese o dominio público afecto a camiños e viais existentes, así como bens e dereitos afectos a patrimonio municipal de solo, ou propiedade doutras administracións públicas (Estación de autobuses-Dirección Xeral de Mobilidade), así como as parcelas obtidas por avinza polo Concello de Pontevedra

A relación de propietarios e fraccións de propiedade obxecto de expropiación, de acordo co proxecto expropiatorio redactado por don Santiago López Fontán documento refundido datado en outubro de 2013, excluídos os predios nº 1, 2, 3, 5, 6, 8, 10 A e 10 C, 11, 12, 13, 14 e 21, xa adquiridos por avinza (…)”

 

Extráctase de seguido a relación de propietarios:

PREDIO

TITULARIDADE

4 (Porción)

 

-Promociones Arga SL

-Agapito Manuel Poceiro Graña

-Comunidade hereditaria de don Rafael Areses Pérez integrada por dona María del Carmen, dona Mª Luisa Francisca, dona MªJosé, dona Mª de Lourdes, don Juan Crisóstomo María, dona Mª de los Angeles Ramona, don Ramon Carlos Fernando, dona María de las Mercedes del Perpetuo Socorro e don Jacobo María Areses Trapote.

Comunidade hereditaria de dona Rosario Areses Pérez integrada por dona María de Lourdes, don Jacobo e dona María de las Mercedes del Perpétuo Socorro Areses Trapote

7(Porción)

Sociedad de Gestión de Activos Procedentes Restruc. Ban.- SAREB

9 (porción)

Araceli Dios Torres

 

15 (porción)

 

Gonzalo García Alonso

José Luís García Alonso

Eloy García Alonso

Rafael García Alonso

16(porción)

María Pilar García Alonso

17

Cándido Garrido Dios

18

Alfonso Guillán Casas

23

Ocupación Temporal

Promocasa Uno, SL

10 B

Descoñecida. En Investigación , art. 47 Lei 33/2003- Ministerio Fiscal

19

Descoñecida. En Investigación , art. 47 Lei 33/2003- Ministerio Fiscal

20

Descoñecida. En Investigación, art. 47 Lei 33/2003- Ministerio Fiscal

 

(…)TERCEIRO.- Notificar o contido desta resolución aprobatoria do proxecto, de xeito individualizado en función do predio expropiado, a todos os titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, ao que se lle xuntará a folla de prezo xusto definitivamente aprobada, conferíndolle un prazo de VINTE DIAS (20) durante o que poderán manifestar por escrito ante este Concello a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, con advertencia de que transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixa neste acto e determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade. Os erros non denunciados e xustificados no devandito prazo non darán lugar á nulidade ou reposición das actuacións sen prexuízo do dereito á indemnización que corresponda.

Notifíquese tamén o presente acordo ao Ministerio Fiscal por mor da existencia de tres predios de titularidade descoñecida (nº 10 b, nº 19 e nº 20) con comunicación deste acto administrativo á Delegación do Ministerio de Economía y Hacienda ou órgano que o substitúa, á Xerencia territorial do Catastro, ao Ministerio de Fomento á Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á Unidade de Recadación da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, á AEAT, a NCG DIVISIÓN GRUPO INMOBILIARIO S.L.”, a “Promociones Gulycen SL”, e a dona Josefina Lustre Riveiro, (herdeiros de Dona María Patrocinio Riveiro Loureiro) e aos herdeiros de don José Dios de Saa, como posibles interesados respecto dos predios nº 19 e 20.

 

CUARTO.- Advírtese que a aprobación definitiva do presente expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, que o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de Expropiación Forzosa do 16 de decembro de 1954 e que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose en caso contrario o seu importe, na forma determinada pola lexislación básica do Estado. De manifestarse por escrito a desconformidade daráselle traslado do expediente e da folla de aprecio impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia, para efectos de fixar o prezo xusto de xeito definitivo

 

QUINTO.- Determinar expresamente, que a adopción do presente acordo terá efectos autorizantes dos parcelamentos e segregacións subsecuentes a aqueles supostos nos que se adquira por expropiación só unha parte do predio.

 

SEXTO.- Dispor a publicación deste acordo, que pon fin á vía administrativa, no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web https://www.pontevedra.eu e no Taboleiro de Editos do Concello, con ofrecemento do réxime de recursos procedentes contra o mesmo, podéndose interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou o acto no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, segundo a redacción conferida pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa notificación, consonte ao disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contenciosa-Administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes de acordo co establecido no artigo 117.2 da amentada Lei 30/1992, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso de dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 43.2 do mesmo corpo legal, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte de aquel no que deba entenderse presuntamente o recurso de reposición interposto, consonte ao establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998. Non obstante tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente consonte a dereito. (…)”

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.

Pontevedra, 23 de outubro de 2013

 

O ALCALDE

O CONCELLEIRO SECRETARIO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

 

 

 

Asdo.- D. Miguel Anxo Fernandez Lores.

Asdo.- D. Raimundo González Carballo.