Programa Conmemorativo “Centenario de Sesmero”

41

Ciclo adicado a Ajejandro Rodríguez-Sesmero, o arquitecto que modernizou Pontevedra.

Do 22 de outubro ao 22 de novembro >  O mural “A pegada de Sesmero en Pontevedra” estará instalado ata o próximo 22 de novembro na Avda. de Santa María (fronte a Casa das Mendoza). Nunha das súas caras introduce as distintas actuacións impulsadas polo técnico sobre un plano da cidade. Na outra cara afonda nas actuacións máis coñecidas, ofrecendo un contexto histórico e arquitectónico.

Do 22 de outubro ao 8 de novembro > Roteiros escolares. Haberá varios roteiros escolares cos alumnos de colexios de Pontevedra, nos que se visitarán os principais edificios e espazos públicos saídos da mesa de deseño do arquitecto Rodríguez-Sesmero: o edificio do Concello, da Deputación, da actual Subdelegación de Defensa (antigo grupo escolar), a casa das Mendoza, o Mercado e a rede de fontes de ferro. Sen esquecernos da urbanización da Alameda e avenida de Montero Ríos e a praza de San Xosé, entre outros fitos.

30 de outubro > Conferencia a cargo do bisneto do homenaxeado, Francisco José Portela Sandoval, que actualmente exerce como catedrático de Historia da Arte na Universidade Complutense de Madrid. A súa charla, que leva por título “Entre Galicia e Arxentina: o arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero cen anos despois”, estará introducida por outro arquitecto: César Portela, primo do relator.

8 de novembro > Mesa redonda baixo o título “Sesmero, historia, arquitectura e política”. Intervirán dúas figuras tan relevantes como o historiador Xosé Fortes Bouzán e o arquitecto Enrique Barreiro Álvarez. Antón Louro actuará como introdutor-moderador.

16 de novembro >  Roteiro Sesmero. Este roteiro, no que poden participar todas a persoas interesadas, pecha o ciclo adicado a Alejandro Rodríguez-Sesmero, o arquitecto que modernizou Pontevedra. Partirá do mural da avenida de Santa María e estará guiado polo xornalista e historiador Rafael López Torre. Organizado pola Concellería de Urbanismo do Concello de Pontevedra coa colaboración do Ateneo de Pontevedra.