RESOLUCIÓN DO 23/10/2013 DE CONVOCATORIA PARA O LEVANTAMENTO DAS ACTAS DE PAGAMENTO E OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS A EXPROPIAR COMO CONSECUENCIA DA EXECUCIÓN DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO VIAL DA “REDE ARTERIAL, NOVO ACCESO SUR N-550”, DESDOBRAMENTO DA AVDA. DE VIGO, EN DESENVOLVEMENTO DO PXOU E DO “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE PONTEVEDRA E O MINISTERIO DE FOMENTO PARA A RACIONALIZACIÓN E MELLORA DA REDE DE ESTRADAS DO ESTADO NO MUNICIPIO DE PONTEVEDRA” DE 24/04/2009 E ADDENDA MODIFICATIVA ASINADA O 23/11/2012.

53

O Concelleiro de Goberno responsable da Área de Facenda e Medio Ambiente, por delegación do Excmo. Alcalde de data 13 de xuño de 2011, ditou, o 23 de outubro de 2013, resolución coa seguinte parte dispositiva:

Primeiro.- Convocar e citar para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación aos titulares dos bens e dereitos que abrangue o procedemento de expropiación forzosa por taxación conxunta dos terreos afectos ao “proxecto de urbanización da rede arterial, novo acceso Sur N- 550” para o desdobramento da Avenida de Vigo, segundo o proxecto expropiatorio refundido, datado en outubro do 2013, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos don Santiago López Fontán, en desenvolvemento do PXOU e do “Convenio de colaboración entre o Concello de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a racionalización e mellora da rede de estradas do Estado no municipio de Pontevedra” do 24/04/2009 -addenda modificativa asinada o 23/11/2012-.

O levantamento das actas de pagamento dos predios efectuarase na sala de Comisións da Casa Consistorial do Excmo. Concello de Pontevedra, situada no terceiro andar da rúa Michelena nº 30, en Pontevedra, no día e na hora que se fixa no seguinte cadro:

 

PREDIO

TITULARIDADE

DÍA

HORA

REFERENCIA CATASTRAL

4 (Porción)

 

-Promociones Arga SL

-Agapito Manuel Poceiro Graña

-Comunidade hereditaria de don Rafael Areses Pérez integrada por dona María del Carmen, dona Mª Luisa Francisca, dona MªJosé, dona Mª de Lourdes, don Juan Crisóstomo María, dona Mª de los Angeles Ramona, don Ramon Carlos Fernando, dona María de las Mercedes del Perpetuo Socorro e don Jacobo María Areses Trapote.

Comunidade hereditaria de dona Rosario Areses Pérez integrada por dona María de Lourdes, don Jacobo e dona María de las Mercedes del Perpétuo Socorro Areses Trapote

 

13/11/13

 

09:00

 

9866711NG2996N

 

7(Porción)

Sociedad de Gestión de Activos Procedentes Restruc. Ban.- SAREB

13/11/13

09:45

9866720NG2996N

9 (porción)

Araceli Dios Torres

13/11/13

10:05

9866703NG2996N

15 (porción)

 

Gonzalo García Alonso

José Luís García Alonso

Eloy García Alonso

Rafael García Alonso

 

13/11/13

 

10:25

 

9867408NG2996N

 

16(porción)

María Pilar García Alonso

13/11/13

11:10

9867402NG2996N

17

Cándido Garrido Dios

13/11/13

11:30

9867407NG2996N

18

Alfonso Guillán Casas

13/11/13

11:50

9867406NG2996N

23

(Ocupación Temporal)

Promocasa Uno, SL

13/11/13

12:10

9867421NG2996N

10 B

Descoñecida. En Investigación, art. 47 Lei 33/2003- Ministerio Fiscal

13/11/13

12:30

9866702NG2996N

19

Descoñecida. En Investigación, art. 47 Lei 33/2003- Ministerio Fiscal

13/11/13

12:30

9867405NG2996N

20

Descoñecida. En Investigación, art. 47 Lei 33/2003- Ministerio Fiscal

13/11/13

12:30

9867404NG2996N

 

Así mesmo, o levantamento das actas de ocupación terá lugar na mesma data e hora, de seguido ou a continuación da correspondente acta de pagamento, agás que o prezo xusto tivera que ser consignado na Caixa Xeral de Depósitos. Neste suposto, levantarase a acta de pagamento o día 15/11/2013 apartir das 09:00 horas.

O pagamento verificarase mediante talón nominativo ao expropiado ou expropiada e, en todo caso, nos termos do artigo 48.2 da LEF.

Segundo.- Faise expresa constancia de que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose en caso contrario segundo a normativa de expropiación forzosa e de xestión urbanística, aos interesados e ás interesadas que acrediten en legal forma a súa titularidade, polo que a este acto deberán acudir na data, hora e lugar indicados os titulares dos bens e dereitos afectados, por sí ou por medio dun representante debidamente apoderado para actuar no seu nome, e a tal afecto achegarán certificación rexistral ao seu favor na que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento Hipotecario, ou no seu defecto, os títulos xustificativos da súa propiedade ou os dereitos completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referidas ás mesmas fincas descritas nos títulos. Se existiran cargas deberán comparecer os titulares das mesmas. Por conseguinte, os interesados ou os seus representantes deberán identificarse mediante o documento nacional de identidade e achegar unha copia dos títulos orixinais e unha copia do último recibo do Importo de Bens Inmobles para entregar no intre da acta de pagamento, pudendo asistir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.

Sinálase, así mesmo, que se o expropiado non quixese aceptar o prezo xusto, non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade dos bens e dereitos expropiados ou, en xeral, se concorrera algún dos supostos do artigo 51 da Lei de Expropiación Forzosa, esta administración municipal consignará o importe da mesma na Caixa Xeral de Depósitos, consonte ao artigo 206.2 do Regulamento de Xestión Urbanística.

Terceiro.- Notifíquese esta resolución a todos os titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente expropiatorio e publíquese no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de editos do Concello e na páxina web https://www.pontevedra.eu/.

A publicación desta resolución no BOP serviralles de notificación aos propietarios descoñecidos, dos cales se ignore o seu enderezo, ou tentada a notificación esta non se puidese practicar, consonte ao art. 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Así o dispón e ordena, en Pontevedra, a 23 de outubro de 2013 o Sr. Concelleiro de Goberno Responsable da Área de Facenda e Medio Ambiente, por delegación do Excmo. Alcalde de data de 13 de xuño de 2011, do que eu, Secretario Xeral do Pleno, por substitución disposta no artigo 46.3 do Regulamento Orgánico do Goberno e da Administración do Concello de Pontevedra, dou fe”.

 

O Concelleiro da Área de Facenda    O Secretario Da Administración                                                                   municipal.  Por substitución:

e medio ambiente

                                                 O secretario xeral do pleno

 

 

Asdo.- Raimundo González Carballo. Asdo.- José Luis Mato Rodríguez.