Culturgal 2013

81

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: de 11 a 21 h. (29 e 30 de novembro) e de 11 a 20 h. (1 de decembro).

A Feira das Industriais Culturais de Galicia Culturgal desenvolverase os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Cento cincuenta e sete propostas chegaron á organización para elaborar o programa de Culturgal 2013. A Feira mostrará un programa de actividades coas principais novedades editoriais, música ao vivo, presentacións, actividades para público infantil, tecnoloxía, área de cine e máis iniciativas como o espazo Off Culturgal para novas ideas.

Serán moitos os creadores e entidades que presenten as súas novidades durante os tres días da Feira con propostas pensadas para a diversidade de público que acode cada ano a Culturgal. Non haberá tempo para o aburrimento.

Consulta o programa en www.culturgal.com