Sede da Fundación Rosón de Arte Contemporáneo. Rúa Padre Sarmiento, 41.
Horario: de luns a venres, de 10 a 14 h.
Exposición da artista mexicana de ascendencia galega, Sofía Táboas, surxida a partir da súa visita ás rutas ourensás de Pena Corneira e de Os Bolos. Na mostra recréanse o granito e a vexetación característicos da paisaxe galega, mediante unha síntese abstracta na que conflúen no mesmo espazo grandes esculturas de metal e escaiola, xunto con retais de pel, orixinarios do taller téxtil de Purificación García.