O Concello busca aprobar un orzamento de 65 millóns

78

O departamento de Economía e Facenda está inmerso na elaboración dos orzamentos de 2014. Así o anunciou o portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González quen explicou que este ano o orzamento estará seriamente condicionado pola reducción considerable das transferencias do Estado así como a diminución das transferencias da Xunta.

Ao respecto dos primeiros, o Concello percibirá 700.000 euros menos que en 2012. Pasa de 17.740.000 euros a 17.082.000 euros. Sobre os segundos, a reducción da Xunta estímase nuns 400.000 euros menos. E dicir, que o Concello percibirá arredor de 1,1 millóns de euros menos para os orzamentos municipais de 2014.

Partindo estas premisas e cingidos polas leis marcos de elaboración de orzamentos: Lei de estabilidade financieira e o teito de gasto, o Concello ten unha previsión de 65 millóns de euros de orzamento para 2014, o de 2012 foi a 62 millóns de euros. Segundo Raimundo González, pódese chegar a esta contía pola contención do gasto (agás os contratos das concesionarias coas que está obrigada o Concello); racionalización do gasto corrente (servizos postais, teléfonos á baixa…); contención de persoal e transferencias correntes que só se subirá o que determinen os contratos.

Neste conxunto está previsto que decremente a débeda públia (fronte a administración do Estado e da Xunta, que incrementan a súa débeda pública) ao diminuir os intereses en 100.000 euros e facer unha achega do capital de 0,5 millóns. Esto permitirá incrementar de xeito substancial as inversións do Concello para tratar de paliar o paro a través da dinamización da economía productiva da cidade.