O Concello habilita tres novos estacionamentos disuasorios

64

O concello de Pontevedra incrementará os estacionamentos disuasorios na cidade nos vindeiros meses. O concelleiro delegado das obras urbanas, Luís Bará explicou que se está a facer a tramitación para habilitar un na parcela de Pasarón, outro na parcela que ía destinada ao Carlos Oroza, e outra pegada ao instituto Torrente Ballester. 

O estacionamento de Pasarón ten unha superficie aproximada de 3.000 metros cadrados catalogada como zona verde, que presenta dificultades de urbanización a curto prazo debido ao custe do investimento. Ante esta situació, o concelleiro Luís Bará indicou que o Concello proporá aos veciños destinar esta parcela a estacionamento disuasorio provisional, no que xa está a traballar a Policía Local para deterinar entradas e saídas, que a priori será pola rúa Luís Otero. En capacidade máxima o estacionamento terá cabida para 130 vehículos simultáneos.

O concelleiro Luís Bará manterá unha reunión esta tarde cos veciños para pulir a proposta, e tamén quere consensuala cos comerciantes e co club de fútbol para definir a zona de ocupación.

Nesta parcela o Concello terá que facer obras mínimas (xa que se respectará o xabre, non se asfaltará), polo que só hai que ordenar os tráficos internos e instalar a sinalización oportuna.

Os outros dous estacionamentos son os da parcela do Carlos Oroza, e no sur-leste estará unha próxima ao IES Torrente Ballester.

Luís Bará indicou que todas as zonas supoñen uns 9.000 metros cadrados que poderán satisfacer a demanda que hai nestes barrios da cidade.