Rematada o expediente de expropiación do desdobramento da avenida de Vigo

76

O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá unha Xunta de Goberno extraordinaria para aprobar definitivamente o proceso expropiatorio por taxación conxunta do desdobramento da avenida de Vigo.
Con esta aprobación definitiva, o Concello convoca á relación de expropiados para o vindeiro 13 de novembro para a sinatura de actas de pago de ocupación.

Con este acto e a partir do día 15, o Concello póderase considerar propietario dos terreos permitindo a súa ocupación para executar as obras do desdobramento, independentemente de que os particulares poidan recurrir á vía contenciosa ou polo xurado de expropiación.