A ordenanza reguladora das inspeccións dos edificios entrará en vigor na primeira metade do ano próximo

57

A inspección dos edificios máis antigos comezará o ano próximo. A Concellería de Urbanismo prevé que a ordenanza reguladora poda entrar en vigor na primeira metade de 2014. O asunto foi tratado hoxe polo tenente de alcalde e responsable de Urbanismo, Antón Louro, e a directiva do Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, encabezada por Pelayo Eyo.
Louro explicou que a redacción da ordenanza da Inspección Técnica das Edificacións (ITE) estaba practicamente rematada cando o Goberno de España aprobou, o pasado mes de xuño, a “Ley de Rehabilitación, Regeneración y Renovación Urbanas”. Neste texto legal introdúcese a figura do Informe de Avaliación dos Edificios, nos que, ademais das cuestións infraestruturais e de instalacións, se inclúe a avaliación da eficiencia enerxética e a accesibilidade dos inmobles.
Sen embargo, a día de hoxe aínda non se aprobou a Orde do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo na que se debe establecer a cualificación dos técnicos competentes para realizar as inspeccións. A Concellería de Urbanismo, destacou Louro, impulsará a ordenanza en canto se peche a produción normativa superior, algo que parece inminente.
Por outra banda, o Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos confirmou que as ordenanzas sobre ITE existentes noutras cidades galegas (ao igual que a ordenanza sobre o deber de conservación das fachadas vixente en Pontevedra) non están actualizadas.
Louro destacou a importancia desta normativa, cuxa importancia para evitar accidentes ninguén discute. Ademais, indicou, pode mesmo ser rendible para as comunidades de veciños prevendo as avarías e evitando problemas coas compañías de seguros.