A Mesa da violencia constata o retroceso das proteccións das vítimas de xénero

41

A Mesa sobre a violencia de xénero do Concello de Pontevedra reuniuse esta mañá no Concello de Pontevedra, presidida pola concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces. Asistiron representantes dos Forzas e Corpos de Seguridad do Estado, da Policía Local, representantes dos Servizos Sociais do Concello, do CIM, da administración educativa e tamén da Consellería de Benestar. Escusou a súa presenza o Colexio de Avogados.
Na reunión presentouse a programación do CIM, o programa Irene que continuará desenvolvéndose durante o ano 2014, e a campaña entorno ao 25 de novembro.
No segundo punto tratouse o retroceso nas administracións públicas, e tamén na sociedade, ao respecto do tratamento das vítimas de violencia de xénero.
Denunciouse que a Consellería de Educación está esixindo ás vítimas documentacións que até o de agora non eran necesarias para que poida escolarizar aos seus fillos no lugar de residencia que decida, moitas veces escapando do agresor. Tamén que o INEM está a pór moitas trabas para o cobro da Renta Activa de Inserción que até o de agora sempre foi automática para as vítimas acreditadas; na xustiza estase chegando a acordos pre-xudiciais que deixan ás mulleres en franca desventaxa, porque conseguen a orde de aloxamento pero non entran na tipificación de vítima de violencia. Nestes acordos páctase como unha denuncia por faltas, o que supón que todas as prioridades que se fixan para as vítimas como a prestación social ou de claquera outra, deixan de estar ao seu alcance.
Os integrantes da Mesa comprometéronse a promover reunións tanto coa autoridade laboral como algún representante da administración xudicial para poder tratar estes temas, e fixar un protocolo de actuación o máis axil posible. Tamén se comprometeron a estudalo na administración educativa.
Tamén quedou constatado que cando non se chegan aos acordos prexudiciais as sentenzas son exemplarizantes, castigando á muller.