Comezan as actividades astronómicas de Medio Ambiente en colaboración con Sirio

49

As actividades astronómicas incluídas dentro da programación da Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración coa Asociación Siria, comezan esta semana e teñen por obxecto coñecer mellor o ceo e os seus fenómenos. A programación desenvolverase en dúas sedes: no Local social do Gorgullón e no Observatorio de Cotobade.
As actividades comezan mañá mesmo, 5 de novembro, no Local social do Gorgullón cun Curso de iniciación á astronomía “Astronomía de precisión” que se desenvolverán de 19.00 a 21.00 horas.
O xoves, 7 de decembro, desenvolverase outro Curso de iniciación á astronomía “Sistema Solar” tamén de 19 a 21 horas, no Centro Social do Gorgullón.
O venres, 8 de novembro, ás 19 horas está previsto un curso de astronomía (Ceo Profundo) no Observatorio de Cotabade, a continuación haberá unha observación do ceo. O punto de encontro é o propio observatorio, xa que non está previsto desprazamento até o lugar.
A participación nesta programación de actividades é preciso inscribirse a través da Oficina de Medio Ambiente Natural, edificio municipal da rúa Churruchaos, ou ben a través do teléfono 986 100 185 ext 7584 ou a través do correo medionatural@pontevedra.eu

Ver documento PDF