Mañá abre as portas o centro de recuperación de bicicletas infantís en Monte Porreiro

81

As antigas instalacións da Escola obradoiro de Monte Porreiro abren mañá as súas portas para todos os cidadáns que desexen deixar as súas bicicletas infantís para recuperalas integralmente no proxecto Recicletas de Nadal, que pon en marcha a Concellaría de Benestar Social Municipal.
As instalacións da Escola obradoiro (situada a 50 metros do centro de saúde de Monte Porreiro) estarán abertas mañá –excepcionalmente, por ser o primeiro día-, de 16.00 a 20.00 horas. Estas instalacións estarán abertas todos os luns, mércores e venres no mesmo horario, 16.00 a 20.00 horas, para todos os que desexen deixar as súas bicis.
A Concellaría convida a todos os cidadáns que o desexen participar no proxecto ben porque queiran recuperar unha bicicleta para uso dun cativo ou ben para deixalas porque xa non teñen uso, a que se acheguen ás instalacións de Monte Porreiro.