O Concello inicia neste curso o proxecto “A memoria das mulleres”

36

A Concellaría de Patrimonio Histórico presentou esta mañá a programación “A memoria das mulleres, enciclopledia documental, gráfica e audiovisual sobre as mulleres na historia de Pontevedra”, un proxecto que nace coa finalidade de construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.
Con este proxecto búscase:
➢ Contribuír ao coñecemento e difusión da historia das mulleres no ámbito territorial do concello de Pontevedra.
➢ Elaborar un fondo documental, gráfico e audiovisual que sexa útil para a información, a consulta e a investigación sobre a materia.
➢ Elaborar unha enciclopedia virtual sobre as vidas das mulleres do noso concello ao longo dos tempos, procurando a visibilización das mulleres en xeral e atendendo de modo específico ás clases traballadores.
➢ Promover a participación dos centros educativos no estudo e divulgación sobre as mulleres na historia de Pontevedra.
➢ Colaborar con todos os axentes sociais que traballan neste eido.
➢ Empregar as tecnoloxías da comunicación para divulgar os materiais e recursos disponíbeis.
Iniciativa e participantes
A memoria das mulleres é unha iniciativa do Concello de Pontevedra, promovida polas concellarías de Patrimonio cultural, Muller, e Cultura e dinamización sociocultural.
Poderán participar no programa, en calidade de colaboradoras, as persoas e entidades que desexen achegar recursos, materiais e ideas.
Poderanse asinar convenios de colaboración con outras entidades e institucións para o desevolvemento do programa
Consello asesor
Constituirase un consello asesor formado por mulleres de diferentes ámbitos sociais e profesionais, e  que teñan unha traxectoria relevante en relación co estudo, a divulgación e a promoción de politicas públicas relacionadas coas mulleres.
O consello asesor terá funcións de información, asesoramento, formulación de propostas e avaliación do desenvolvevento do programa. Estará formado por un máximo de 20 integrantes e reunirase cando menos dúas veces no ano.
Criterios e liñas de actuación
➢ Colaboración con entidades e persoas que contan con fondos de Vidas de mulleres do século XIX e XX
➢ Implicación dos centros educativos no labor de recollida e divulgación
➢ Labor sistemático de recolleita da memoria oral das mulleres, optimizando outros proxectos municipais (toponimia, obradoiros de memoria, etc.)
➢ Visibilización das mulleres desde unha perspectiva nacional,  de xénero e de clase
Propostas para o curso 2013-2014
➢ Enciclopedia cooperativa sobre a historia das mulleres en Pontevedra. Galipedia das mulleres: biografías do XI ao XXI, enciclopedia cooperativa
➢ Fondo documental, gráfico e audiovisual: Documentos escritos, fotografías e materiais audiovisuais
➢ A memoria das mulleres no espazo público. Presenza das mulleres no rueiro mediante nomes de rúas, percorridos sinalizados, textos e outros elementos conmemorativos
➢ Memoria das mulleres na escola. No marco do proxecto desenvolverase o programa Memoria das mulleres na escola, coa finalidade de que os centros de ensino de primaria (preferentemente de terceiro ciclo) e secundaria participen na recollida  e elaboración de materiais relacionados con este tema.
Divulgación
Creación dunha plataforma web para a divulgación do programa
Elaboración de publicacións divulgativas sobre a historia das mulleres, con especial atención ás clases traballadoras
Organización de conferencias, mesas redondas, simposios e foros de estudo e divulgación sobre esta materia
Realización de audiovisuais sobre as mulleres de Pontevedra na historia
Obradoiros formativos para fomentar a participación de entidades sociais e centros educativos nos labores de estudo
Organización dunha exposición sobre A memoria das mulleres
Creación dun Centro de documentación sobre a Memoria das Mulleres

Para solicitar información: mulleresememoria@gmail.com

Xornada sobre a recuperación da memoria no ámbito local: A memoria das mulleres
No marco do programa municipal sobre A memoria das mulleres, o xoves 7 de novembro imos organizar unha xornada de traballo sobre a recuperación da memoria no ámbito local, atendendo especialmente á memoria das mulleres.
O encontro terá lugar na Casa das Campás de 17.30 a 20.30 horas e a previsión de intervencións é a seguinte
• 17.30 Apertura da xornada: presentación do programa A memoria das mulleres en Pontevedra
• 17.45. Carmen Suárez: presentación dos proxectos “Fálame de San Sadurniño” e “Memoria de muller”
• 19h. Antón Caeiro: presentación do proxecto “O faiado da memoria” (Vilagarcía)
• 19.45 h Patricia Arias: presentación do proxecto “Mecas A memoria das mulleres” (IES As Bizocas, Ogrobe)

INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE
A actividade vai dirixida preferentemente a
-Profesorado dos centros educativos de Pontevedra (cubrir 1)
-Asociacións culturais, veciñais e de recuperación da memoria histórica (cubrir 2)
-Profesionais da investigación histórica, arquivos, documentación, comunicación audiovisual… (cubrir 3)
As persoas interesadas en participar deben enviar un correo electrónico a mulleresememoria@gmail.com indicando os seguintes datos
Nome e apelidos
Enderezo
Teléfono
(1) Centro educativo:
(2) Asociación:
(3) Titulación ou actividade profesional: