Solución aos asolagamentos da rúa Gorgullón

75

O concelleiro delegado do ciclo da auga, Raimundo González presentou onte o proxecto de reposición integral da rede de alcantarillado, auga potábel e pluviais na rúa Gorgullón, no tramo comprendido entre a rúa Curtidoira e a rúa do Muíño. Trátase de resolver un constante asolagamento que se produce nesta zona da rúa cada vez que se producen fortes chuvias.

Na actualidade a rede de alcantarillado é de tubos de formigón de300, as pluviais tamén están en formigón en tubaxes de 400 e a auga potábel en fibrocemento. Con este proxecto que está a piques de rematar, cambiaranse as tubaxes: a de auga será de fundición; a de alcantarillado pasará a 500 e a de pluviais a 800.

O proxecto prevé canalizar as augas pluviais e fecais para a rúa do Muíño e de aí para o Gafos. As pluviais para o cauce a as fecais para o colector que bordea o río. Esto implica cambiar a pendente da canalización que na actualidade baixa cara a rúa Curtidoira.

Trátase dun problema histórico, que data do ano 1999 e que non puido ter solución até o de agora por problemas de servidume de paso.

O custe da obra ascenderá a uns 315.000 euros, aínda que está pendente de pechar definitivamente o proxecto