II Xornadas do patrimonio funerario

75

A Concellaría de Patrimonio Histórico e Cultural organiza dende este sábado, 9 de novembro, as II Xornadas do patrimonio funerario co obxectivo de continuar coa divulgación do patrimonio funerario pontevedrés, poñendo especial fincapé nos cemiterios modernos e nos cemiterios do neolítico.

A primeira visita será ao cemiterio de San Amaro que se fará en dúas sesións ás 11.00 horas e ás 20.00 horas (sesión nocturna para a que será preciso unha lanterna) cun plano guía con información histórico-artística da visita. O cemiterio foi construído entre 1876-1879 e abriuse ás 1882 porque o retraso é polo cemiterio civil que non reunía as condicións adecuadas. Neste camposanto está enterrado Andrés Muruais, Indalecio Armesto (cemiterio civil), a filla de Montero Ríos, Ramiro Trapote…

O día 16 será ao cemiterio de Mourente e ao de Bora. O punto encontro será ás 11.00 horas na entrada ao cemiterio de Mourente. O cemiterio de Mourente construíuse en 1872 e responde á estructura de finais do século XIX. O cemiterio de Bora foi financiado por Benito Corbal, que está alí enterrado, e seuge a normativa da época.

O día 23 será a segunda andaina do megalitismo coas visitas, guiadas polo arqueólogo municipal, ao Chan de Castiñeiras, Chan da Armada e Chan de Arquiña. Un percorrido duns 7 quilómetros polos camposantos do Neolítico. A saída será ás 10.00 horas no Lago de Castiñeiras.

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF