Nova programación da Orquestra de Cámara Lira

57

A Concellaría de Cultura volve colaborar coa Orquestra de Cámara Lira na programación do curso 2013/2014 na que se oferta un Ciclo de música sacra que comezará o vindeiro 23 de novembro na Basílica de Santa María, o 30 de novembro na Igrexa de San Bartolomeu, e 7 de decembro na igrexa dos Praceres.

Outros concertos do Ciclo de música son:

  • 22 de decembro: Concerto de Nadal no Principal.
  • 25 de xaneiro: Concerto X Aniversario da Orquestra de Cámara Lira xunto á Orquestra Fiharmónica Cidade de Pontevedra no Pazo da Cultura.
  • Marzo 2014: Concerto no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no Pazo da Cultura.
  • Abril 2014: Música nos Xardíns. En xardíns urbanos da cidade de Pontevedra.
  • 10 de maio: Concerto con motivo do Día das Letras Galegas en colaboración co coro do CMUS Manuel Quiroga no Conservatorio de Pontevedra.
  • 28 de xuño: Concerto de fin de curso e entrega de diplomas no Pazo da Cultura en colaboración coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra.