Última acción do proyecto Hefesto: a saída moteara

64

O programa Hefesto pospón para mañá, 3 de novembro, a terceira das accións incluída no seu programa “Discapacidade e cultura moteira”. O mal tempo impide que se poida celebrar hoxe esta saída, pero parece que a chuvia dará tregua mañá pola mañá polo que a Concellaría de Benestar Social Municipal acordou retrasar a actividade un día.
En “Discapacidade e cultura moteira” arredor de 20 moteiros e moteiras levarán nas súas motos a un grupo de discapacitados/as. Co cambio a saída será ás 12.15 horas do Miradoiro de Monte Porreiro, e a chegada será arredor das 13.00 ou as 13.15 horas á praza de España.
Cabe lembrar que o programa Hefesto deseña unha intervención innovadora e atractiva no eido da discapacidade, e pretende ser un espazo inclusivo e aberto a novas experiencias onde se misturen o mundo máis urbano e a discapacidade.
O colofón de Hefesto será o día 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade, cun acto previsto no Teatro Principal ás 20.00 e ao que están convidadas/as asociacións, axentes sociais, participantes no programa, familiares e calqueira outra persoa interesada. Neste acto proxectarase o documental que se vai elaborando nas tres accións que se programaron.
Hefesto está apoiado polas entidades pontevedresas que traballan pola discapacidade: AMIZADE, XUNTOS-ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN, JUAN XXIII, VIRGEN DE LA O, ALBA E AMENCER-ASPACE.