O Concello súmase á campaña “Non máis ciclistas mortos nas estradas”

55

A campaña “Non máis ciclistas mortos”, que impulsa a Federación Galega de Triatlón (Fegatri), terá tamén repercusión en Pontevedra. O Concello decidiu sumarse á iniciativa, que promove o respecto á distancia de 1,5 metros nos adiantamentos aos usuarios de bicicletas.
O próximo domingo, a partir das 12.00 horas, celebrarase unha concentración na praza de España. Durante toda a fin de semana haberá actos similares noutras  cidades galegas.
Na presentación participaron hoxe o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández; o concelleiro responsable da promoción do uso da bicicleta, Miguel Filgueira, e o vicepresidente da Fegatri, Luís Piña.
Fernández amosouse encantado de colaborar nesta iniciativa e destacou os esforzos de Pontevedra por promover o uso da bicicleta. Miguel Filgueira subliñou que as estatísticas acreditan a seguridade viaria nesta cidade, consecuencia tamén dun modelo de cidade que aposta por unha movilidade sostible.
Luís Piña lembrou que o ciclista é sempre a parte débil en caso dun accidente e destacou a receptividade que están a atopar nas Administracións de toda Galicia, o que está a permitir que a campaña teña un carácter global, con actos de distinto tipo en varias cidades.