Axuda aos mariscadores de Ponte Sampaio

71

O Concello de Pontevedra asinou un convenio de colaboración coa Confraría de pescadores de Soutomaior, no que traballan varias ducias de mariscadores de Ponte Sampaio e Canicouva, para achegarlles unha axuda de 7.000 euros para a nova plantación de ameixa na ensenada de San Simón.

Aínda que non será nesta tempada, dado que a Confraría sementará para o vindeiro ano, os mariscadores achacan a mortandade da ameixa no pasado outono polo desagüe do encoro de Eiras.