Bo ritmo nas obras de saneamento de Vilaverde, en Mourente

36

O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Miguel Filgueira, visitou esta mañá os traballos de saneamento que se están a executar no lugar de Vilaverde, na parroquia de Mourente, por un valor de 118.000 euros.
Os traballos desenvólvense a bo ritmo aínda que ten un prazo de execución de dous meses.
Esta obra permitirá completar o saneamento de Vilaverde que estaba parcialmente executado, pero tamén se aproveitará para solucionar un problema  de pluviais ao canalizar as augas da chuvia e tamén para reurbanizar toda a contorna.