Coa conexión en Meán, complétase a rede xeral de alcantarillado en Lourizán

60

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana a instalación do saneamento no lugar do Meán, na parroquia de Lourizán. Trátase do último núcleo de casas de Lourizán que quedaba por enganchar á rede de alcantarillado, polo que agás pequenos lugares con poucas vivendas ou casas ailladas, poderíase considerar que o alcantarillado de Lourizán estaría completo.
Esta obra tamén permitirá resolver dous problemas importantes do cemiterio de Lourizán: a conexión ao saneamento público e resolver a canalización de augas pluvias do camposanto.