De visita polo Morrazo seguindo os pasos de Diego Xelmírez

53

A sexta saída do programa Natureza nos Camiños, que organiza a Concellaría de Parques que dirixe Anxos Riveiro, seguirá os pasos de Diego Xelmírez polo antigo mosteiro de Ermelo.
Trátase dunha saída de 7,4 quilómetros de dificultade media-alta que visitará o antigo mosteiro de Ermelo, os montes de Paralaia e a Esculca, seguirá os pasos de Frei Martín Sarmiento, o río dos Frades-Bispo, o río Bouzós e o Carballal de Coiro.
Todos os percorridos deste programa serán os domingos á mañá, a partir das 10.00 horas dende a praza de España, con regreso ás 14.00 horas para aqueles que sexan dunha mañá; e ás 18.00 horas para os que sexan de día completo.
O fío condutor do programa deste ano serán os liques, fentos e brións, aínda que non faltarán as referencias a outros elementos da fauna e da flora dos bosques e doutros espazos naturais que se van visitar, xunto á interpretación de elementos da nosa historia, da literatura e da etnografía galegas.
Este ano combínanse as rutas que máis gustaron en edicións anteriores, con certas modificacións, xunto con novos percorridos por espazos practicamente descoñecidos para o gran público.
A última ruta será:
• Fragas do Eume, a última gran carballeira litoral do Atlántico.