Rematan as obras de Benito Corbal

58

O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará expicou esta mañá que o xoves pola tarde está previsto unha festa infantil no parque da praza de Valentín García Escudero, logo de que a chegada do bo tempo permita rematar o parque pendente da colocación dunhas resinas de caucho, e a colocación de bancos (entre 8 e 10) moi demandados polos veciños e usuarios da parada de autobús.

Ademais, o Concello ten previsto inaugurar cunha actuación da Banda de Música o tramo peonalizado de Benito Corbal, que pendente de remates, estará operativo esta mesma semana.

A inauguración está prevista para o vernes, 15, ás 19.00 horas.

Luís Bará deu as grazas a colaboración veciñal, aos técnicos e á empresa que permitiu reducir a execución da obra, que iniciou o vindeiro 7 de outubro, polo que o concelleiro pediu desculpas polas molestias que se puideron causar aos veciños.