Xornada inaugural de “Escola de coñecementos” do programa Ruralactivo

48

A Casa da Cultura de Santa María de Xeve acolle mañá, 9 de novembro, a xornada formativa “Por un rural activo” incluído dentro do programa Ruralactivo, que promove o Concello de Pontevedra para o fomento do autoemprego nas parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido.
O programa Ruralactivo desenvolveuse nunha primeira fase de faladoiros entre a veciñanza destas tres parroquias, e agora dá un chanzo máis co proxecto Escola de coñecementos, programa formativo de novembro a abril orientado ao autoemprego e destinado a todo o rural pontevedrés.
Esta Escola de coñecementos arranca coa xornada inaugural “#porunRuralActivo que se desenvolverá mañá a partir das 10.00 horas en Santa María de Xeve e na que iniciativas galegas de autoemprego rural e do patrimonio contarán a súa experiencia emprendedora. Contarase coa presenza do Rei Zentolo, o Festival de Cans, Monte Cabalar, Hortasán e haberá unha presentación da iniciativa Estruming Days.
O programa é o seguinte:
• 10.30 presentación
• 10.40 h. O Rei Zentolo, unha experiencia de éxito
• 11.30 h. Monte Cabalar, Festival de Cans e Hortasán: mesa de experiencias sobre agro, monte e patrimonio e cultura.
• 13.00 h. Estruming Days: emprendemento e rural
• 13.30 h. Presentación da Escola de Coñecementos.

A xornada é de balde e contará con servizo de gardería baixo demanda solicitándoo no número de teléfono 620 137 121 ou no correo electrónico info@ruralactivo.com
Dentro da Escola de coñecementos están previstos varios cursos:
• 19 e 26 de novembro: Organización empresarial e financiamento.
• 10 e 17 de decembro: Turismo e patrimonio
• 14, 21 e 28 de xaneiro: Agroecoloxía e diversficiación de montes.
• 11 e 18 de febreiro: Atención e coidados á infancia e á terceira idade.
• Xornadas de transmisión de sabedoría. Datas por definir.