Parques e Xardíns volve organizar “Tempo de outono” de achegamento aos cogomelos

31

Chegado o mes de novembro, a Concellaría de Parques e Xardíns volve a convocar o programa “Tempo de outono: actividades de achegamento aos cogomelos”. Charlas, saídas de recollida de cogomelos e obradoiros son algunhas das propostas neste programa.
Comeza mañá, martes, 12 de novembro ás 19.00 horas no local da Federación de Asociacións de Veciños “Castelao”, cunha charla-coloquio e un obradoiro de cultivo de cogomelos.
O sábado, 16 de novembro, ás 10.00 horas está prevista unha saída micolóxica a cargo de Jaime Blanco Dios, experto micolóxico. O punto de encontro será diante do campo de fútbol de Marcón.
O programa rematará o martes, 19 de novembro, co obradoiro: coiña de cogomelos, ás 18.30 horas no local da Federación de Asociacións de Veciños “Castelao”.
Todas as actividades son de balde con inscrición previa ben no número 986 85 22 71 ou ben no correo inscricions@pontevedra.eu