Éxito inicial dos Camiños escolares

82

A Concellaría de Seguridade Cidadá fixo balance hoxe do primeiro mes e medio de posta en marcha dos Camiños escolares na maior parte de centros de ensino do casco urbano. Carme da Silva e Daniel Macenlle calificaron estes primeiros datos "altamente satisfactorios" polo elevado nivel de nenos que acuden aos centros de ensino andando, e tamén sos.

Cabe lembrar que os Camiños escolares naceron no ano 2010 no Colexio Álvarez Limeses e neste 2013 estendeuse a Barcelos, Froebel, Doroteas, Campolongo, Vidal Portela. Os datos recadados nos seis colexios cun censo de alumnado de 1.942 alumnos con idades comprendidas entre 7 a 12 anos.

Do total de alumnos potenciais de participar nos Camiños Escolares, 412 van camiñando sos ao colexio e 880 camiñando acompañados. O resto van en coche.

A Concellaría realizará distintas actividades para nenos e nenas entre a que se topa recabar a opinión dos nenos para ver como valoran estes percorridos, o que lles gusta o que non lles gusta… En definitva, coñecer a opinión das persoas a quenes van dirixidos os Camiños escolares: os nenos.