Os obradoiros de micoloxía e lingua chegan ao CEIP San Benito de Lérez

46

Estes obradoiros de micoloxía están organizados polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos catro centros escolares do norte de Pontevedra: CEIP de Campañó, CEIP de Lérez, CEIP de Xeve e EEI de Verducido; coa colaboración do Concello de Pontevedra, a través das concellarías de Normalización Lingüística e Xuventude.
Esta actividade ten como obxectivo dinamizar o uso do galego entre os escolares a través do achegamento ao ámbito da micoloxía, para o que se conta coa colaboracióndos especialistas da asociación micolóxica Brincabois.
En cada un dos catro centros educativos que participan nesta iniciativa realízanse as seguintes actividades:
• Charla de introdución á micoloxía.
• Recollida de cogomelos no monte.
• Montaxe de exposición no colexio e identificación dos cogomelos apañados.

Mañá mércores, 13  de novembro, a actividade terá lugar no CEIP San Benito-Lérez:
• Ás 10 horas Amancio Castro impartirá a charla: "Os cogomelos de Lérez ".
• Ás 11 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia.
• Pola tarde, a partir das 16.30 horas, montaxe da exposición cos cogomelos recollidos; co asesoramento de Jaime Blanco.

No caso de que a chuvia non permita realizar a saída, adiaranse tanto a recollida de cogomelos das 11 horas como a montaxe da exposición prevista para a tarde.