A última saída de Natureza nos Camiños visita as Fragas do Eume

42

A última saída do programa Natureza nos Camiños, que organiza a Concellaría de Medio Natural que dirixe Anxos Riveiro, visitará “a última gran carballeira litoral do atlántico”, nas Fragas do Eume.
Trátase dunha saída dunha xornada completa de dificultade media que fará unha ruta circular polo mosteiro de Caveiro.
O fío condutor do programa deste ano serán os liques, fentos e brións, aínda que non faltarán as referencias a outros elementos da fauna e da flora dos bosques e doutros espazos naturais que se van visitar, xunto á interpretación de elementos da nosa historia, da literatura e da etnografía galegas.
Este ano combináronse as rutas que máis gustaron en edicións anteriores, con certas modificacións, xunto con novos percorridos por espazos practicamente descoñecidos para o gran público.